«Os refráns son unha riqueza e no Valadouro hai moitos»

Yolanda García Ramos
yolanda garcía ALFOZ / LA VOZ

FIRMAS

Lionel Rexes presenta o sábado o seu caderno de refráns.
Lionel Rexes presenta o sábado o seu caderno de refráns.

«Hoxe é domingo, chaqueta nova e caralla de fóra», é desa zona

10 jul 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

O xoven Seminario de Estudos do Valadouro saca á luz os seus primeiros cadernos, que presentará este sábado en Ferreira, As luces do castelo de Manuel Lourenzo e Ditos e refráns do Valadouro de Lionel Rexes Martínez, que nos fala do seu traballo, no que xuntou arredor de 500.

-¿Xa tiña algo feito ou todo partiu do Seminario?

-Realmente o tiña configurado dende hai dous anos e os tiña clasificados, ditos, refráns e retrousos, sen saber daquela que había de facer con eles. Cando xurdiu o Seminario, presentado en xuño do ano pasado, decidimos sacar cadernos nas áreas de arte, sociedade e natureza. Preguntaron quen dos membros tiña algún traballo feito, eu comenteino e púxenme non só a refacer o que tiña configurado senón a recompilar con máis rigor e moita máis información. Tiven que facer unha limpeza.