Isidro Caamaño: «O disco é froito do tremendo esforzo de todos os coralistas»

marta valiña CARBALLO / LA VOZ

FIRMAS

Caamaño dirixe a coral dende a súa fundación hai cinco anos.
Caamaño dirixe a coral dende a súa fundación hai cinco anos. millares< / span>

A agrupación polifónica presentará este domingo en Cee o seu primeiro cedé

31 may 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

A coral Neria-Costa da Morte, que dirixe Isidro Caamaño Trillo, presentará este domingo (21.00 horas) na igrexa parroquial de Cee o seu primeiro disco, Amencer na Costa da Morte. «É o resultado de cinco anos de moito traballo», di Caamaño, especialmente orgulloso polo gran traballo que fixeron os 38 integrantes da coral.

-¿Que foi o que lles levou a gravar o disco?

-Levamos cinco anos traballando e tiñamos claro que ou o gravabamos agora o xa non o faciamos. Sentiámonos preparados e pensamos que era o momento, xa que contabamos coa axuda da Deputación e da Fundación Paideia, ademais de Ferroatlántica que nos apoiou dende o primeiro momento. Sen o apoio dos concellos de Vimianzo, Carnota e Cee tamén tería sido imposible.

-¿Como é «Amencer na Costa da Morte»?

-Inclúe 14 temas de todo tipo, moi complexos e difíciles, porque houbo que traballar moito para conxuntar as voces, o piano e ao solista, pero penso que quedou moi ben e inclúe temas como o Ave María, de Caccini, A vella chalana, de Torrado ou Naranjitay, de Luis Craff.

-Non debeu ser doado de facer tendo en conta que hai coralistas de lugares moi afastados entre si.

-Teñen todos un mérito extraordinario e teño moi claro que o disco é froito do tremendo esforzo de todos os coralistas, que fixeron o imposible para vir dous días á semana a ensaiar a Cee dende Arou, Carnota, Vimianzo, Lira...