Poucas autoridades entre milleiros de persoas

La Voz

FIRMAS

18 may 2013 . Actualizado a las 06:00 h.

A familia Baltar non se deixou ver nesta ocasión por Vilanova dos Infantes, a pesares de que a Deputación de Ourense é unha das principais promotoras da romaría que se celebra no Día das Letras Galegas. No lugar do presidente José Manuel Baltar, falou o vicepresidente da institución provincial, Rosendo Fernández, quen lembrou que a Deputación «sempre fixo unha aposta por Raigame». Como anfitrión actuou o alcalde de Celanova, Jose Luis Ferro, e algúns do seus concelleiros. Tamén se deixaron caer pola vila outros alcaldes da zona, como a de Cartelle ou o de Quintela de Leirado. O subdelegado do goberno Roberto Castro foi outro dos representantes institucionais. O expolítico Anxo Quintana tamén paseou pola romaría.