«Ser unha facultade pequena permite atender mellor ó alumno»

La Voz

FIRMAS

14 abr 2013 . Actualizado a las 06:00 h.

Beatriz Vaquero é profesora contratada doutora da area de Ciencias Técnicas e Historiográficas.

-¿Como é o día a día dun profesor universitario?

-O traballo diario divídese entre tres tipos de actividades: a docencia, a investigación e a participación nos órganos de representación académica. Aínda que non se coñece fóra das facultades, adicamos moito tempo á xestión académica e á participación en órganos colexiados.

-¿Que supuso a implantación do plan Bolonia?

-Entre as bondades destacaría o cambio de perspectiva que supuxo sobre a transmisión do coñecemento nas aulas, forzándonos a facer importantes modificacións na programación das materias, nas metodoloxías docentes ou na utilización das novas tecnoloxías na formación universitaria. Entre os seus fracasos destacaría a incapacidade de establecer titulacións universitarias comúns a toda a Unión Europea cunha duración e cuns planos de estudos coincidentes.

-¿Que é o mellor e o pior dunha facultade pequena?

-O pior é que temos que asumir cargos con moita máis frecuencia que o profesorado das grandes facultades, co tempo que iso nos resta para a docencia e a investigación. O mellor é que ser poucos facilita o traballo en equipo e a organización de actividades, e fai posible unha mellor atención ao alumnado.

Un profesor beatriz vaquero