«A cooperativa é a empresa con maior igualdade de xénero»

maría cobas Arturo R.-Vispo O BARCO / LA VOZ

FIRMAS

Iglesias é a responsable da oficina de Macizo Central-Trevinca.
Iglesias é a responsable da oficina de Macizo Central-Trevinca. l. v.< / span>

Conta satisfeita que baixo o seu asesoramento xurdiron varias iniciativas, que espera sexan realidade pronto

10 abr 2013 . Actualizado a las 06:00 h.

Desde o pasado verán, a diplomada en Ciencias Empresariais e Licenciada en Administración e Dirección de Empresas Eva Iglesias (Rubiá, 1985) é a responsable da oficina de fomento do cooperativismo Macizo Central-Trevinca, que dá servizo aos concellos de A Veiga, O Bolo, Manzaneda e Trives (cada día da semana visita un deles).

-¿Cal é o obxectivo fundamental da oficina?

-Busca explicar que esta forma de empresa é a mellor para o medio rural, porque están relacionadas co entorno, serven para fixar poboación e contribuír ao desenvolvemento social. E para iso facemos charlas, e visitas guiadas a cooperativas que xa funcionan, para que a xente coñeza o modelo. Tamén se axuda coa tramitación.

-¿Hai moito descoñecemento?

-O que vexo é que hai moito descoñecemento sobre o que é unha cooperativa, que a xente só as asocia co leite ou co viño, que aquí están moi asentadas. Trato de explicar que non son só de cuestións relacionados coa agricultura ou a gandería, que poden ser de calquera cousa. Hai xente que non sabe que un bar se pode ter en forma de cooperativa. Eu intento facer chegar que é unha forma máis de empresa, que se pode crear cun mínimo de tres socios, que se precisan menos cartos que nunha sociedade anónima... E que ten unha serie de vantaxes fiscais.

-¿Algunha vantaxe máis?

-É na empresa na que hai máis igualdade de xénero, case non hai diferenzas de salarios. Ademais, as mulleres pasan a postos directivos igual, segundo reflexan todos os estudios. Isto tamén é normal, porque ao ser todos os socios iguais, isto vén dado. E os socios están en iguais condicións aínda que non aporten todos a mesma cantidade de cartos.

-¿Estase animando a xente?

-Xurdiron varias iniciativas nos concellos, e hai unha en Manzaneda que está moi avanzada. As que están máis decididos son para montar unha cooperativa do sector servizos e outra do sector da agricultura. Hai outros que o están pensando, pero as cousas van amodo, porque a xente está moi tímida co de arriscar cartos.

scrache. De origen argentino, hace referencia a una manifestación pacífica que señala con el dedo índice a los culpables de las desfeitas. Sin embargo, se hace necesario refrescar a preferentistas y desahuciados, ante la manipulación de activistas y sindicatos, que además de reclamar soluciones a los gobiernos peperetos, no deben dejarse en el tintero a los políticos, empresarios y banqueros que, hasta hace dos tardes, se sentaban en los consejos de administración de bancos y cajas, verdaderos culpable. Y de guardia, en días pasados, el diputado Celso Delgado Arce, el político mejor valorado en la provincia, aunque entre la ralea florezcan los Pachi Vázquez, José Manuel Baltar o Laura Seara. Su respuesta, ejemplar, a decir de tirios y troyanos. Pues bien, de su contrastada personalidad, de su demostrada integridad, se espera que, en la próxima visita de la ministra Pastor, no consienta que se discrimine a Ourense en el tratamiento del AVE, variante, estación y soterramiento, pues de otra suerte el escrache lo protagonizarán 335.000 ourensanos.

eva iglesias responsable da oficina de fomento do cooperativismo do macizo central-trevinca