«Os galegos son máis galegos que os cataláns cataláns»

MARÍA CONDE PONTEVEDRA / LA VOZ

FIRMAS

06 abr 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Na xornada de clausura da Semana de Filosofía, o exdeputado do BNG Camilo Nogueira, fixo memoria da historia política en Galicia nos últimos trinta anos, da que recoñeceu que «son testemuña e incluso nalgún momento actor saliente».

-¿Cal é o reto de Galicia nestes momentos?

-Galicia ten o reto neste momento de ser unha nación en Europa, nunha Europa sen fronteiras. E o nacionalismo galego ten que asumir esta perspectiva sabendo que non hai autogoberno senón é co apoio da maioría da poboación. Non hai mais autogoberno posible que se contas coa maioría da poboación.

-¿Cre que a sociedade galega está madura para iso?

-Os galegos son mais galegos que os cataláns cataláns. Ese non é o problema, ou polo menos tanto. O problema non está nos galegos, senón que a estrutura política en Galicia está moi por debaixo da poboación galega, que ten unha capacidade cultural, económica, social inmensa, incluso desde o punto de vista das reivindicacións sociais, superior á media do Estado español. E convencer á xente de que necesita un país gobernado por si mesmo sen poñer fronteiras en ningún sitio e non desde Madrid, que actúa como un parásito, é problema noso, de convencer á xente de que este é o camiño. E mentres tanto, mellorar as condicións de vida de todo o mundo.

-Pero a actual división no nacionalismo tampouco favorece esa tarefa.

-Bueno, xa houbo máis dunha formación política noutro tempo. Hai que recordar que Esquerda Galega houbo un momento que tivo máis votos que o BNPG e máis deputados. Pero o feito que o nacionalismo sexa plural non é ningún inconvinte, o BNG está dicindo hoxe claramente que quere a unidade na acción, se é posible, tamén electoral, e quere un entendemento con todos os que queren a Galicia como unha nación. Hai unha vontade de traballar xuntos e se outras veces chegamos a ser a segunda forza política en Galicia por riba do PSOE, agora podemos ser exactamente igual se actuamos correctamente.

CAMILO NOGUEIRA ECONOMISTA E ENXEÑEIRO