O castro de Baroña, sempre adolescente


Alleo aos fríos embates do vento, o noso visitante fabula e ve uns homes louros, taludos, abrancazados, musculados, combativos, bebedores de sangue quente coma alimento fortalecedor, homes que, cridos da súa inmortalidade, desprezan a vida e pelexan lobamente na pequena praza, sacrificando ovellas e, de cando en vez, algún prisioneiro. Espállase na imaxinación un cheiro bravío de ovellas esfoladas, negras coma a noite, das que tiran la e tecidos, e tamén abaixo, entre as rochas mordidas do mar, algúns homes pescan con redes e instrumentos, case actuais, mentres as mulleres salgan o peixe para trocaren por viño ou o zythos embriagador doutros pobos.

Na súa viaxe ficticia, o visitante comproba como estes homes monógamos se lavan cos mexos estancados nas cisternas e repara nesa muller que vén de parir hai un día e que está a mirar polo seu home con especial celo, deitadiño nas pallas, coma se fose el quen parise. Fóra do castro, no alto da encrucillada que está no remate do camiño, envolto en las, teñen exposto a un doente á espera de que algún viaxeiro lle dea remedio para a súa enfermidade.

O visitante permanece absorto no penedo, coa vista fundida no castro e vivindo, coma un hóspede máis, as escenas domésticas destes preasamarci que nacen na súa imaxinación vizosa.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos

O castro de Baroña, sempre adolescente