«Sorprendeume que non houbese xoguetes en galego coa grande emigración que ten Galicia»

La Voz

FIRMAS

09 dic 2012 . Actualizado a las 12:38 h.

Co tempo, Guido Leboroni ten intención de crear xoguetes en galego para nenos de 0 a 11 anos.

-¿Como naceu o proxecto?

-Ao volver sorprendeume moito que non houbese xoguetes en galego coa grande emigración que ten Galicia. Amigos italianos que viven aquí e que teñen fillos traénlles xoguetes de alí porque queren que aprendan o seu idioma, e eu imaxino que aos emigrantes galegos tamén lles vai facer ilusión comprarlles xoguetes en galego. Un mercado que non existe porque ninguén o plantexou.

-¿Onde se poden atopar?

-Levan dez días á venda en xogueterías e hipermercados das catro provincias. Estivemos en Culturgal, e a través da web tamén se poden pedir. Ademais estamos funcionando ben en Facebook e Twitter.

-¿Que plans de futuro ten?

-De momento son eu só como autónomo. Traballo desde a casa, na Piringalla, e só vendo un xoguete, A cidade de Cenorio, para nenos de 3 a 6 anos. Está fabricado por un proveedor italiano, todo na UE, salvo o lápiz, que vén de China. A miña idea é medrar e contratar xente aquí. O obxectivo é que os xoguetes sexan cen por cen galegos. Para o próximo Nadal espero facer peluches.