Reclaman revisar o valor catastral das centrais eléctricas da zona

La Voz

FIRMAS

27 oct 2012 . Actualizado a las 06:00 h.

Antes do pleno extraordinario segredo celebrouse a sesión ordinaria, na que se aprobou (por unanimidade) pedir a revisión do valor catastral das centrais eléctricas de Manzaneda, O Bolo, Viana e Vilariño de Conso. Trátase dunha petición conxunta dos catro municipios que redundará nunha subida no imposto de bens inmobles que cobran cada un. O traballo feito por un técnico, que aumenta en quince millóns de euros o valor de catro centrais, deberá ser aprobado agora polo catastro. Tamén saíron adiante os orzamentos para 2013 (neste caso só cos votos do PP), que ascenden a 2.251.900 euros. BNG e PSOE criticaron que o crecemento se fai despois de gravar fortemente aos veciños.