Avogado, diplomático e narrador de A Pobra


Nado en 1899, vencellado á Torre de Xunqueiras, Gerardo Gasset Neyra foi avogado e diplomático, ocupando postos oficiais en Perú e Portugal. O ser descendente de Eduardo Gasset y Artime favoreceu a súa incorporación como crítico ao xornal liberal madrileño El Imparcial, pero tamén colaborou en periódicos como Galicia de Vigo, o xornal de Paz Andrade, con artigos de tanto interese como La profecía de Don Ramón, en 1924, dedicado a Valle-Inclán, o escritor que máis inflúe no seu estilo, aínda que dun xeito superficial.

Ao autor das Sonatas ofreceulle tamén a súa segunda novela, titulada A la deriva. Proceso de una vocación, editada por Mundo Latino en Madrid, e aínda que non consta data editorial, foi escrita en 1925. Antes aparecera outra novela, El impresionable (1923), que desenvolve a acción na Pobra do Caramiñal, vila que aparece co nome de Villarea, influxo do Valle-Inclán que creou Viana do Prior.

Xa en 1945 editou en Madrid a peza teatral Nuestra señora de Gundián, misterio nunha xornada e dous cadros, que é un intento de transcender a realidade da aldea galega, baixo o influxo de Flor de santidad. A obra, ben escrita, ten a interferencia política propia da época, pois aparece nela un Romance del soldado gallego, que é un canto á nova España franquista. Isto contrasta e desloce o ambiente idílico e intemporal da peza, que parte dunha cita do poeta francés Saint- Georges de Bouhélier, que caracteriza ben a estilística da obra: «Cómpre, baixo as cousas triviais, buscar o divino; baixo o efémero, o eterno, e baixo o facticio, a vida».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos

Avogado, diplomático e narrador de A Pobra