«É curioso que sempre antes dun proceso electoral ocurran certos acontecementos»

La Voz

FIRMAS

17 oct 2012 . Actualizado a las 06:00 h.

A xustiza marcou as eleccións autonómicas e os partidos tentan pasar páxina aos días vividos antes da pegada de carteis.

-Vivimos unha campaña especialmente tensa nestas autonómicas: caso Pokémon, entrada no Concello da Coruña para recoller documentación, embargos a Mario Conde, a reposición da legalidade urbanística da casa do candidato do PSOE ¿hai un excesivo protagonismo xudicial desta volta?

-Como política e persoa o primeiro que teño que dicir é que absolutamente todo o respecto para as decisións xudiciais. Dito isto é curioso e chama a atención que case sempre antes dun proceso electoral haxa certos acontecementos. A liberdade de voto dos cidadáns non debería estar condicionada por estas cousas.

-Di a súa compañeira Acuña que non sabe que pasou no Concello pero os cidadáns saben que pasa na Deputación.

-Os males da Deputación son endémicos -persoal, axudas da UE cuestionadas, etc- e é a primeira deputación na que se herdou o cargo. Que hai irregularidades non se lle escapa a nadie. O fiscal xa iniciou accións pero digo o mesmo de antes: respeto total ás accións xudiciais.