«As San Lucas son a mellor publicidade para Mondoñedo»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA MONDOÑEDO / LA VOZ

FIRMAS

PEPA LOSADA

Unha novidade é a exhibición de rapa e loita entre o cabalo e o home

16 oct 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

O equipo no que está á fronte Miguel Souto apura estes últimos días os preparativos das tradicionais festas das San Lucas, as máis antigas de Galicia, que arrancarán mañá, mércores: «Da moitísimo moitísmo traballo, necesítase moita xente implicada. E iso que nos axuda xente doutros anos, como Isabel, Marisol, José Manuel... A un pobo de cinco mil habitantes coma Mondoñedo, multiplícaselle a poboación por dez ou quince, nas San Lucas. Encaixar todo, facer o evento, mantendo a tradición, que é o fundamental, a raíz das San Lucas, pero á vez ir innovando, da traballo».

-¿Cal é o presuposto deste ano?

-En torno aos 55.000 euros. Como hai crise, hai xente que da menos e negocios que pecharon. Pero todo o mundo se ten que dar conta de que é bo para Mondoñedo. As San Lucas son a principal canle de comunicación, o mellor spot publicitario.

-Con máis de 800 anos de vida, son fieis á súa esencia.

-Seguimos tendo a feira de cabalos, artesanía, postos de comida, roupa, maquinaria, folclore, teatro... o programa é moi amplo. O día 18 é o principal, ao que nin sequera hai que facerlle publicidade, pero o 19, o segundo día, tamén hai xente á que lle gusta máis, sen tanto agobio.

-O ano pasado lembraron a Cunqueiro e neste a Leiras Pulpeiro e a Pascual Veiga.

-De aí que o pregón de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, sexa unha maneira de honrar a estes ilustres.

-O cabalo é o protagonista das San Lucas, ¿que novidades hai?

-A exhibición de rapa e aloitamento do 19. E repetimos a chegada tradicional de cabalos a Mondoñedo o 17, é espectacular.

MIGUEL SOUTO PRESIDENTE da comisión organizadora das san lucas mindonienses