«Ourense é a provincia onde temos máis implantación social e afiliados»

La Voz

FIRMAS

Pérez Bouza, na súa casa de A Valenzá (Barbadás).
Pérez Bouza, na súa casa de A Valenzá (Barbadás). santi m. amil< / span>

11 sep 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Foi senador co BNG ata novembro do ano pasado, pero sempre foi crítico coa dirección da fronte. Agora Xosé Manuel Pérez Bouza (Caracas, 1970) é portavoz de Compromiso por Galicia en Ourense e aspira a encabezar a candidatura desa formación pola provincia. «Beiras incumpriu a súa palabra», di sobre a coalición frustrada con Anova e EU. Pese a todo, Pérez Bouza cree que CxG está preparada para concorrer en solitario, e máis en Ourense: «Así como en moitas outras cuestión Ourense vai a cola, neste caso é a provincia de Galicia onde temos máis implantación social e afiliados».

-Entón, ¿non fai frío fora do BNG?

-Non, porque o BNG deixou de ser un instrumento útil. Houbo quen desde dentro intentamos que esta organización política se adaptara ao que a sociedade estaba pedindo pero democraticamente a maioría dos afiliados decidiron seguir outro camiño e os que non estabamos de acordo, polo ben noso e do desa organización, marchamos.

-¿Cree que o Bloque quedou máis debilitado en Ourense?

-Iso xa se verá. O debilitamento dunha forza política chega cando a sociedade perde a súa confianza nela e o BNG xa leva tempo recibindo eses mensaxes por encima de que máis ou menos militantes abandonen esa formación política.

-A xente pregúntase que é CxG. Para poñelo sinxelo: ¿Esquerda, dereita ou centro?

-Nós confiamos na intelixencia dos cidadáns e deixaremos que sexan eles os que nos sitúen, unha vez coñecidas as nosas propostas. Nós temos definido que todos aqueles cidadáns galegos que pensen e actúen en clave de país e se consideren ideoloxicamente entre o centro progresista e a esquerda non dogmática ou radical teñen sitio en Compromiso por Galicia.

-¿Será candidato por Ourense ou algo máis?

-Nós temos xa aberto un proceso de primarias no que poderán participar os afiliados, simpatizantes e todas aquelas persoas que o desexen. Vai ser a elección máis democrática que vai facer un partido político. Eu vou presentar candidatura para encabezar a lista por Ourense e, ao respecto da de presidente da Xunta, esperarei a escoitar aos demais para decidilo.