«Solla consolidou o enchufismo da época de Castro no Concello»

Luis Carlos Llera Llorente
Luis Carlos Llera PONTEAREAS / LA VOZ

FIRMAS

El político nacionalista asegura que la moción de censura sigue abierta

05 sep 2012 . Actualizado a las 11:46 h.

Xosé Represas (parroquia de Xinzo, Ponteareas 1956) sabe de números. O portavoz do BNG é diplomado en Empresariais pola Universidade de Vigo e traballou como administrativo na banca. Tamén foi presidente da comunidade de montes da súa parroquia e da Asociación Forestal de Galicia. Os números din que o Concello de Ponteareas ten un buraco enorme o que provocou a reprobación do alcalde no último pleno.

-A xente pregúntase cando vai facer a moción anunciada.

-Estamos a poucas semanas dunhas eleccións e os veciños teñen unha oportunidade inmellorable para castigar a Solla.

-Entón... ¿pospónse polas eleccións?

-Houbo unha reprobación por maioría dos representantes da Corporación. Solla ten que asumir a súa responsabilidade e dimitir.

-Pero di que non dimite.

-O PP e Solla terán que explicar a razón de seguir no poder sendo incapaz de gobernar.

-Non me respondeu a se van a presentar ou non a moción.

-A moción é unha posibilidade que segue aberta. Pero unha moción non se anuncia, lévase con discreción e se presenta.

-¿Haberá problemas para pagar as nóminas do Concello en novembro?

-O problema non é a nómina dun mes concreto senón por que chegamos a esta situación.

O Partido Popular leva décadas gobernando e eles poden adoptar decisións en minoría. Se chegase á intervención, a responsabilidade é do goberno porque son incapaces de chegar a acordos cos grupos.

-Solla di que os partidos da oposición o asfixian pero que son incapaces de chegar a presentar unha moción.

-A responsabilidade da situación é do goberno. A Salvador González Solla só lle quedan dous camiños se non consegue a maioría para gobernar: o ser intervido o dimitir. A responsabilidade da oposición é controlar ao goberno.

-¿Vostede pensa que o Estado vai intervir o Concello?

-Hai opcións para evitar iso. Pero eu non podo adiviñalo.

-¿Cre que se está a despilfarrar o diñeiro no Concello?

-Seguense a facer gastos innecesarios. Estase a gastar por riba dos ingresos. O BNG propuso reducir os salarios do grupo de goberno e redución dalgúns servizos.

-¿Se chega a ser alcalde pechará a televisión municipal?

-Si.

-A situación da gardería é un pouco excepcional porque o normal es que as escolas infantís sexan da Xunta.

-Solla presume de ter un goberno amigo, pero ningún deses gobernos amigos, nin o da Xunta nin o de Madrid, trátanos como a outros Concellos. Queremos que nos traten igual que a Tui o a O Porriño.

-¿Hai que botar a xente do Concello ou non?

-O BNG foi sempre claro. Ponteareas sempre tivo unha plantilla desproporcionada. Hai que axustar a plantilla aos ingresos do Concello porque os gastos de persoal teñen chegado case ao 70 %. Castro foi condeado por prevaricación, por contratos que se demostrou que fosen irregulares e González Solla non fixo nada por restablecer a legalidade e consolidou eses contratos do enchufismo da época de Castro.