Todos a bailar con Os Resentidos en Ourense

x. m. r. ourense / la voz

FIRMAS

Ás 21.00 horas comezan en Expourense os concertos da homenaxe

12 may 2012 . Actualizado a las 06:00 h.

Hai 30 anos iniciaba a súa carreira unha banda que marcou a toda unha xeración de galegos e que conseguiu introducir no pechado mercado da música estatal o galego como canle de expresión musical. Hoxe, 18 anos despois de que Os Resentidos deixaran de existir como banda, Antón Reixa, Rubén Losada e Javier Soto -tres dos membros da formación orixinal- subirán ao esceario en Expourense para participar no concerto homenaxe «Toda a tribo baila». Os tres «resentidos» estarán acompañados por una banda composta polos músicos Rafa Fernández, Manuel Paino, Anxo Graña, Roberto Sobrado, Pablo Vidal, Alex Salgueiro e Xabier Camba.

As actuacións comezarán no recinto de Expourense a partires das 21.00 horas e polo escenario pasarán artistas como Miguel Costas, Budiño, Uxía, Sés, Xurxo Souto, Bieito Romero, Rómulo Sanjurjo, Tonhito de Poi, Piti Sanz, Luís Tosar e Julián Hernández, entre outros. As bandas O Sonoro Maxín e Novedades Carminha serán os encargados de abrir o espectáculo, que será presentado por Carlos Blanco.

O concerto de hoxe chega cunha novidade engadida dende que se presentou o proxecto no Concello de Ourense, entidade que patrocina esta cita de homenaxe, como é o feito de que o líder de Os Resentidos accedeu esta mesma semana á condición de responsable da Sociedade General de Autores, SGAE. Daquela Reixa volta aos escenarios como presidente da SGAE.