«Se é posible e hai tempo, o lóxico sería ir ás eleccións tratando de deter a sangría de votos»

La Voz

FIRMAS

26 feb 2012 . Actualizado a las 07:03 h.

Seguindo unha lóxica elemental, o paso próximo sería un proxecto electoral á marxe do BNG.

-¿É vostede partidario de acudir ás vindeiras eleccións?

-Evidentemente existe esa perspectiva. Dende o meu punto de vista, se é posible e hai tempo, o lóxico sería crear unha fórmula para ir ás eleccións e tratar de deter a sangría de votos do nacionalismo.

-¿Non teme a división do voto?

-Hai un espectro de cidadáns que queren votar unha alternativa e que, ao contrario do que se supón dunha división, poden dar lugar a unha multiplicación.

-¿É necesaria Máis Galiza para ese novo proxecto?

-Non sei se é necesaria ou deixa de selo. Disque non hai deus sen demo. O que sei é que todo o mundo cabe. Todo quen teña como idea a formación dun referente político para unha cidadanía que agarda, a formación dun referente que tente conquistar a xente, que traballe pola maioría social dos cidadáns, un referente que teña dúas patas, unha clara na sociedade e outra nas institucións, que teña vocación transformadora e de gobernar. Con iso digo todo.

-¿E agora? ¿Que pensa da devolución das actas de concelleiros que pide a dirección do BNG?

-É un despropósito porque nós, como organización, tamén formabamos parte do BNG que foi ás eleccións, logo algo teremos na casa común. Hai hemerotecas. E direille a moitos que esa guerra xa a houbo en 1979. E a historia nos di que pasou no mundo nacionalista cando se impuxeron determinadas actitudes. Tivo que desaparecer todo aquel fracaso organizativo para desembocar no BNG.