«Ecovoz é unha peza necesaria e imprescindible na promoción do medio ambiente»

La Voz

FIRMAS

04 feb 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

O conselleiro Agustín Hernández defende a «continuidade» da empresa ENCE en Galicia, pero non na ría de Pontevedra por ser un lugar que «hoxe en día non é aceptable» no eido medioambiental. A Xunta quere regular os vertidos nas rías.

-¿Debémonos preocupar por esa situación?

-Aínda que é mellorable nalgúns puntos, a situación non é mala, e, nalgúns casos, bastante boa. Pero traballamos para regular os vertidos industriais e para garantir a terminación das actuacións do saneamento urbano e que permitan o bo estado das augas. Levamos investidos máis de 90 millóns, contribuímos en obras de interese xeral como a EDAR de Bens, as da ría de Ferrol ou as que estamos a cofinanciar na depuradora do río Lagares. Máis do 60 por cento do orzamento produtivo de Augas de Galicia dedícase a saneamento e a saneamento de rías, en concreto.

-¿Que papel cumpre un programa coma Ecovoz?

-É unha peza imprescindible e necesaria dentro da política de promoción do medio ambiente, que está en moitas cuestións, pero especialmente na divulgación e na educación. Programas como este dan un pulo importante ao labor de concienciación dos cidadáns.