«Está sendo a peor época, polo prezo do gasóleo e os impostos»

La Voz

FIRMAS

29 ene 2012 . Actualizado a las 06:00 h.

Lorena transporta madeira para a empresa de Alfoz Hijos de Ramón Rubal. Recolle os troncos de eucalipto nos montes da zona e descárgaos na fábrica de Ence, en Navia (ás veces tamén no porto de Burela, para firmas portuguesas). Case nunca coñece o plan de traballo do día seguinte ata a noite. Conduce de luns a venres, con respecto absoluto ás horas estipuladas. «Antes era máis fácil porque (os gardas de Tráfico) transixían máis, agora non, se te saltas os descansos no tacógrafo, a multa mínima é de 1.500 euros».

«Están a machacarnos, non nos deixan respirar», lamenta. Nos 13 anos de experiencia como camioneira, a situación «nunca estivo tan mal». «Os transportistas somos os que estamos sostendo o país, cos prezos do gasóleo polas nubes (agora retiraron a subvención) e os impostos máis altos». Os gastos incrementáronse un sete por cento. «¿De onde o sacas? Non che van pagar máis o porte, quizás sexa a peor época». A única ventaxa «é a mellora das estradas, con varioas tramos de autovía, e as cargas no monte, coas novas máquinas dos maderistas». Tamén gañaron tempo nas descargas en Navia. Pero admite que agora non se mercaría un equipo novo (con grúa o tráiler custa uns 200.000 euros), «porque non podería desquitalo e sacar un soldo...».

Onde mellor se come

Esta camioneira certifica a lenda de que nos restaurantes onde mellor se come é onde hai camións aparcados. Aquí si que non hai machismo. Seu pai (moi orgulloso da filla) axudoulle sempre e ela non tardou en gañarse o respecto dos compañeiros, todos homes. As amigas tamén lle profesan admiración.