Encontro de Bispos de conferencias episcopais coa asemblea de ordinarios de Terra Santa


Os Bispos da Coordinadora das Conferencias Episcopais en apoio aos Cristiáns de Terra Santa, reúnense en Terra Santa dende 1998 co fin de solidarizarse coa comunidade cristiá e compartir a vida pastoral da Igrexa local. A fe que manifestan os cristiáns de Terra Santa é un acicate para todos, pero a ocupación e a inseguridade, o medo e a frustración dominan a vida das persoas en toda esta terra. Culpar aos demais é unha abdicación da responsabilidade e unha falta de liderazgo.

Recoñecen a importancia da reanudación do diálogo entre a Autoridade Palestina e Israel. Fanse eco das palabras do Papa Benedicto XVI ao Corpo Diplomático ao que expresou a súa esperanza de que este diálogo "se manterá, e conducirá a unha paz duradeira que garanta o dereito dos dous pobos a vivir con seguridade en estados soberanos e dentro de fronteiras seguras recoñecidas internacionalmente?.

Que o diálogo se vexa ameazado e solapado polo extremismo e a intolerancia dos outros debe ser unha preocupación para ámbalas dúas partes. Por iso, fan un chamamento á tolerancia e ao liderado valente, capaz de mostrar o perdón e a humildade, para promover unha coexistencia pacífica.

Os líderes políticos de ambas partes e os dos seus propios países precisan amosar carraxe, determinación e creatividade para que se fagan realidade as expectativas da maioría en orde a unha auténtica coexistencia pacífica. A fidelidade á súa propia forma de vida por parte de xudeus, cristiáns e musulmáns non debe impedir unha profunda apertura cara aos demais.

DOUS ANOS DESPOIS DA CATÁSTROFE HAITÍ SEGUE A PRECISAR AXUDA

O día 12 de xaneiro cumpríronse dous anos do tremor de terra que no 2010 asolou gran parte do territorio haitiano, destruíndo o 65% dos edificios da capital, Puerto Príncipe, así como gran parte das súas infraestruturas e servizos, cobrando a vida de máis de 200.000 persoas, e deixando sen fogar a máis dun millón e medio de persoas.

Dous anos despois, a ruína e a desolación seguen a formar parte da paisaxe da capital e case 500.000 persoas continúan vivindo en campamentos de desprazados. Máis do 80% da poboación non ten acceso á auga potable, nin á sanidade; os edificios públicos permanecen derruidos. Aínda non se reparou a meirande parte das redes de alcantarillado e electricidade e as pandemias debidas á falta de condicións hixiénico-sanitarias son unha ameaza constante para os haitianos. A situación política, o caos administrativo e o feito de que aínda non chegase a Haití nin sequera a metade da axuda oficial prometida, provocan que a reconstrución de Haití apenas teña comezado. Milleiros de haitianos sobreviven grazas á axuda das ONG, aínda que algunhas abandonaron a zona ao minguar as donacións.

Mensaxeiros da Paz traballa en Haití dende o día seguinte do tremor, atendendo ás necesidades de nenos, persoas maiores e familias damnificadas. Entre os numerosos proxectos destaca a atención en campos de desprazados, a construción de vivendas, instalacións comunitarias, e infraestruturas hixiénico-sanitarias. Tamén suministra alimentación, materiais básicos, e atención médica á poboación; equiparon varios colexios e ludotecas e mantén tres comedores escolares, e contribuiu á rehabilitación e mellora da atención aos doentes do Hospital Psiquiátrico de Puerto Príncipe. Tamén abriron un Centro de Día para persoas maiores con capacidade para 100 plazas, que atende a anciáns que tras o tremor viven sos, e mantén dous orfanatos que acollen a 350 nenos. En zonas rurais crearon un sistema de micro-emprendementos agrícolas e gandeiros. Outras actividades emprendidas en Haití por Mensaxeiros da Paz foron o envío de máis de 1.000 toneladas de medicamentos, material sanitario e de primeira necesidade, e o trasladado dende España de cooperantes e brigadas sanitarias (médicos e enfermeiras) para atender feridos e enfermos en diversos campamentos, centros sociais e hospitais haitianos.

NACE A FUNDACIÓN FAMILIA E EDUCACIÓN

Con obxectivo de promover a vivencia do matrimonio e a vida familiar, nace na Diocese de Orihuela-Alicante a Fundación Familia e Educación, integrada por un grupo de profesionais que pretenden dar resposta tanto no ámbito da familia como no da educación. Esta nova Fundación está composta á súa vez por tres organismos que traballarán conxuntamente e en diferentes marcos: son o Instituto da Familia e Educación (IFE), o Centro de Orientación Familiar (COF), e a Rede de Familias (RF).

Co IFE queren axudar e asesorar ás familias, acompañándoas ao longo de tódolos seus ciclos vitais, ofrecendo formación e información sobre temas tan dispares como a comunicación na parella, o control emocional, a educación na fe, o aborto, os estilos educativos ou a familia como sistema, entre outros moitos. Deste xeito un equipo de profesionais de distintas disciplinas ponse ao servizo non só de pais e fillos senón tamén de mestres, monitores e catequistas para ofrecer formación profesional a través deste Instituto da Familia e Educación.

E co o obxectivo de que as familias non se sintan soas na súa misión educativa esta Fundación pon en marcha ademáis a Rede de Familias, unha vía de comunicación directa que permitirá a tódolos seus asociados recibir información sobre temas de interese en relación coa familia e a educación animando ademais aos pais a que fagan escoitar a súa voz nos lugares onde se toman decisións que afectan á educación dos seus fillos, como poden ser as Asociacións de Pais a Nais de Alumnos (ANPAS), os consellos escolares ou as asociacións.

CATRO MILLÓNS DE SOMALÍES EN ESTADO CRÍTICO, 250.000 EN RISCO DE FAME

Segundo a FSNAU (Food Security Analysis Unit, organizzazione promossa dalla Commissione Europea e de USAID), catro millóns de persoas están en condicións de inseguridade alimentaria en Somalia, destes, tres millóns de persoas no sur do país. Preto de 250.000 persoas sofren fame inminente. Se estima que máis de dous terzos dos 250.000 somalíes viven en zonas urbanas mentres que o resto se encontran nas zonas rurais.

A situación de fame en Somalia ten dúas causas principais: a escaseza de precipitacións e a falta dunha pronta resposta humanitaria no sur. Este último factor vén da combinación dunha resposta imprecisa por parte da comunidade internacional e o acceso moi limitado á asistencia humanitaria na zona debido á política dos Shabaab.

A situación en Somalia segue a ser extremadamente difícil. Cáritas para o ano 2012 ten a intención de centrar as súas actividades nas seguintes áreas: tratamento e prevención de enfermidades como o cólera, o envío de alimentos ou diñeiro para mercar alimentos nos mercados da zona, suministro de auga potable e servizos de saneamento, apoio médico e psicolóxico, especialmente para as mulleres e os nenos vítimas de violencia sexual.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Encontro de Bispos de conferencias episcopais coa asemblea de ordinarios de Terra Santa