Primeiro Foro dos Vivos no Porto do Cabo, en Valdoviño, no Camiño de San Andrés

LA VOZ VALDOVIÑO

VALDOVIÑO

Encontro dos veciños do Porto do Cabo diante da capilla que construíron, hai un ano
Encontro dos veciños do Porto do Cabo diante da capilla que construíron, hai un ano CEDIDA

O colectivo veciñal desta localidade de Vilarrube e a iniciativa Eufundevivo promoven este encontro para o día 17

08 dic 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A Asociación de Veciños do Porto do Cabo (en Vilarrube, Valdoviño) e a iniciativa Eufundevivo promoven o primeiro Foro dos Vivos, un encontro no Camiño de San Andrés de Teixido para o 17 de decembro, a partir das 11.30 horas, con prazas limitadas.

Xan Ramírez, do Club de Montaña Ferrol, falará do camiño como unha oportunidade para o territorio; Sergio Muíño, de Eufundevivo, analizará quen visita o santuario de Teixido; e Antonia Martínez, do colectivo veciñal do Porto do Cabo, abordará as tradicións desta ruta.

Será na capela da Virxe do Camiño, con degustación da especialidade das caldupeiras. Inscrición en vecinosportodocabo@gmail.com ou no WhatsApp 660 058 348.