A Deputación retoma as obras na estrada de Valdoviño a Cerdido

La Voz

VALDOVIÑO

Obras de mejora de una carretera
Obras de mejora de una carretera CEDIDA

10 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Onte iniciábanse as obras da segunda fase das obras de renovación do firme na estrada DP-2502 dende Valdoviño ata o veciño municipio de Cerdido co obxectivo de mellorar ese tramo da vía. Esta obra financiada pola Deputación da Coruña contribuirá a optimizar a seguridade viaria na que actualmente é a principal vía de acceso ás parroquias valdoviñesas do interior. Esta actuación afectará a 2,6 km entre os lugares do Portodoso e O Calvario.

Os traballos de pavimentación, que foron adxudicados á empresa Obras y saneamientos Galicia SL. pola contía de 239.300 euros, puxéronse en marcha durante a mañá de onte, venres, e comezaron coa apertura de cunetas e a limpeza de beiravías. Unha vez estiveron xa listas, os operarios puideron dar paso á posta a punto da plataforma da estrada, entre o puntos quilométrico 3+000 e o PQ 5+600 do Concello de Valdoviño cara Cerdido. Está previsto estender unha capa de mestura bituminosa en quente de 5 centímetros de espesor para prolongar a vida do novo asfaltado o máximo posible.