Aprazada pola choiva a representación da compañía Nova Galega de Danza en Valdoviño

LA VOZ VALDOVIÑO

VALDOVIÑO

CEDIDA

O Concello informará da nova data da actuación que estaba prevista na praia de Pantín

17 may 2022 . Actualizado a las 11:48 h.

A choiva, que ameaza con continuar ao longo da tarde, obrigou a suspender a actuación da compañía Nova Galega de Danza, prevista para hoxe ás 20.30 horas na praia de Pantín, en Valdoviño. A representación da peza Credo aprázase, ante a imposibilidade de realizar a montaxe previa de son e escenografía. Desde o Concello lamentan as molestias e indican que informarán da nova data coa antelación suficiente.

Trátase dunha proposta cultural incluída no programa Xacobeo 2021-22. A compañía dirixida por Jaime Pablo Díaz volve a Valdoviño cun proxecto impulsado en colaboración co Concello das Pontes. Ambos apoiaron esta produción, Credo, «unha viaxe interior que toma a poética de Celso Emilio Ferreiro como referente artístico e conceptual, e que quere representar a andaina vital do ser humano a través do movemento, a exploración e o cuestionamento de si mesmo e da realidade», como apuntan dende o Concello de Valdoviño.

Seis bailaríns desenvolven un traballo físico «de alta intensidade, co que indagar os límites da linguaxe corporal e o seu vínculo co espazo habitado». Reflexionan sobre a encrucillada do rural galego contemporáneo, «atrapado entre a tradición e a modernidade».