«Cumprimos dez anos. Cando comezamos eramos 30, e agora máis de 150»


A Asociación de Mulleres Rurais naceu no 2010 arredor dun proxecto denominado Gacela. «Cumprimos dez anos. Cando comezamos eramos 30, e agora somos máis de 150 asociadas», conta Sofía Lopez, sobre unha entidade que ten páxina en Facebook e que, ademais de viaxes, funciona coma unha rede de apoio entre as integrantes.

-As mulleres rurais sempre están pegadas ao coche, porque segue sen haber alternativas.

-Ah, iso non cambia, para vivir no rural hai que ter coche e facer moitas viaxes. Os concellos teñen que investir en cambiar o illamento que sofren os veciños do rural: son necesarias infraestruturas, redes de comunicación para rematar con esa brecha que hai con respecto ás zonas urbanas.

-Que panorama hai de cara ao inicio do curso?

-No meu contorno, Valdoviño, todos os nenos tiveron conexión. No resto dos municipios claro que se rexistraron problemas, e as consellerías deben ir avanzando en todo iso. Non todas as familias teñen as mesmas posibilidades, e hai que investir para que todas estean ao mesmo nivel. Esperemos que se solucione e aprendamos a valorar as cousas importantes da vida, pero que os nenos poidan volver ás aulas, que é moi distinto a estar na casa.

-Haberá novidades nos servizos que prestades dende a asociación?

-Por agora non tivemos ningunha reunión, talvez a teñamos en setembro, pero si esperamos retomar as actividades que viñamos facendo de xeito normal e crear un punto de reunión para intercambiar opinións e solucionar as dúbidas que se lles poidan presentar ás asociadas. Esperemos que toda esta pandemia se converta en algo positivo e xere proxectos interesantes de cara ao futuro.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

«Cumprimos dez anos. Cando comezamos eramos 30, e agora máis de 150»