San Sadurniño celebrará o día 30 a Romaría da Cortiña

La Voz SAN SADURNIÑO

SAN SADURNIÑO

<span lang= gl >Vista da área da Cortiña, nunha imaxe de arquivo</span>
Vista da área da Cortiña, nunha imaxe de arquivo

A Asociación ConcienciArte Cultura Colectiva organiza o evento

27 ago 2026 . Actualizado a las 00:16 h.

qAo día seguinte da Feira Rural de San Sadurniño, celebrarase, alí mesmo, a Romaría da Cortiña, organizada pola Asociación ConcienciArte Cultura Colectiva. Será o 30 de agosto, domingo, e comezará ás 11 horas cun paseo polo río Xubia comentado polo profesor e promotor do Chanfaina Lab, Manolo González. Das 12.45 ás 13.30, os fotógrafos Iago Lourido e Mario Martiño mostrarán unha escolma das súas imaxes; ás 13.30 actuarán os ferrolás 3BT3, que se moven entre a rumba, o bugalú e o jazz; e ás 15.30 tocará a banda David LH & The Po'Boys. A festa seguirá cun contacontos infantil (16.30), o punk rock de Barullo (17.30), a presentación da Banda das Voces: Vive a experiencia (18.30) e o rock do grupo do Barqueiro Punta Norte (20.30).