XI Chanfaina Lab en San Saduniño

R. Cordobés SAN SADUNIÑO / LA VOZ

SAN SADURNIÑO

Gala das estreas das curtametraxes filmadas na pasada edición do Chanfaina Lab.
Gala das estreas das curtametraxes filmadas na pasada edición do Chanfaina Lab. Leandro Paz - Entremedias

A edición deste ano terá lugar entre os días 4 e 6 de setembro e xa se coñece o programa

17 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

En menos dun mes, San Sadurniño volverá a convertirse nun laboratorio de cine coa celebración do XI Chanfaina Lab. Esta edición terá lugar entre os días 4 e 6 de setembro e xa ten cartel e programa, tal coma anunciou a organización en redes sociais. «Unha nova fornada de cineastas desembarcará en San Sadurniño disposta a mirar, descubrir, mesturarse… e transformar todo iso en cinema». Entre los arredor das rodaxes, se poderá desfrutar dunha programación que inclúe proxeccións como a de Sirât de Óliver Laxe ao aire libre ou un selección de filmes presentados polos participantes, foliada, exposicións ou obradoiros para aprender a contar historias diante e detrás da cámara. Todas as actividades son gratuitas.