
O venres, 9 de maio, remata o prazo para presentar as ofertas por parte das empresas
06 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.As empresas interesadas en optar á xestión da Aldea de Verán, o servizo socioeducativo para menores de 3 a 12 anos organizado polo Concello de San Sadurniño para os meses de xullo e agosto, teñen de prazo ata o venres, 9 de maio, ás 23.59 horas, para enviar as súas propostas. O importe máximo será de 16.000 euros.
Na Plataforma de Contratación do Sector Público están dispoñibles as bases para a súa consulta. O Concello ofertará entre 30 e 35 prazas por cada unha das quendas e as familias non poderán pedilas polo menos ata a primeira semana de xuño.
Segundo informa o goberno local, a programación ofertada durante o verán deberá incluír xogos, obradoiros, dinámicas cooperativas, actividades ao aire libre e propostas centradas na educación emocional, ambiental e en igualdade.