Exposición «Dime, que ves?», en San Sadurniño: estampados sobre papel e tea en diálogo coa cerámica
SAN SADURNIÑO
SAN SADURNIÑO

A mostra, con obras de Laura Cartamil e Maricarmen Sendón, poderá visitarse ata o 30 de maio
04 may 2025 . Actualizado a las 21:05 h.Na Galería do Concello de San Sadurniño pódese ver a exposición «Dime, que ves?», con obras de Laura Cartamil e Maricarmen Sendón. Esta colección de estampados sobre papel e tea, que dialogan coas cerámicas de faros e cantís «azoutados pola forza do vento e o mar», inaugurouse o sábado (na foto). Acudiu a poeta Amelia de Querol Orozco.
A concelleira de Participación e Axenda 2030, Raquel Piñeiro López, destacou o rechamante da mostra plástica e, sobre todo, o feito de que que sexa resultado do traballo «de mulleres que tecen rede a través da cultura en toda a comarca».
A mostra poderá visitarse ata o día 30 maio nos horarios de apertura das dependencias municipais, de luns a venres, desde as oito e media da mañá ata as tres da tarde.