San Sadurniño implicará á comunidade escolar e aos colectivos nos actos para honrar a Castelao
SAN SADURNIÑO
SAN SADURNIÑO

O alcalde reivindica a figura do dirixente nacionalista no 75 aniversario da súa morte
11 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de San Sadurniño súmase á celebración do 75 aniversario da morte de Castelao cun conxunto de actividades, ao longo dos próximos meses, nas que tratará de implicar ao tecido asociativa e á comunidade escolar.
A primeira iniciativa ten carácter simbólico. Trátase dun bando asinado polo alcalde, Secundino García (BNG), o 7 de xaneiro. Lembra cando, o 13 de outubro de 1935, «Castelao e outros dirixentes nacionalistas cruzan as terras de San Sadurniño para dar un mitin no campo da feira de Mera de Baixo, en Ortigueira».
«A ilusión no nacionalismo galego é enorme. Galiza está escribindo unha das páxinas máis luminosas da súa historia», subliña respecto daquela data.