Obradoiros LGTB+ gratuítos en San Sadurniño, Valdoviño, Neda, Ferrol, Narón y Fene
SAN SADURNIÑO
Son parte dun proxecto da cooperativa Rexenerando, con apoio da Deputación
31 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O Laboratorio de Apoderamento LGBT+, un proxecto da cooperativa Rexenerando con apoio da Deputación, impartirá obradoiros na Casa da Cultura de San Sadurniño, os días 4 e 11 de novembro, de 16.00 a 18.00 horas; os días 6 e 27, no CPI de Atios, en Valdoviño; e o 12 de novembro e o 12 de decembro, no IES Fernando Esquío, de Neda.
O 12 e o 20 estará no IES Catabois, en Ferrol; o 18 de novembro e o 2 de decembro, no Terra de Trasancos, en Narón; e o 19 e o 26, no IES de Fene. Son sesións de balde e hai que inscribirse antes en i.gal/lab_lgbt_adultas
As sesións formativas diríxense principalmente a nais e pais da comunidade escolar, i«ndependentemente da orientación, identidade ou expresión de xénero da mocidade que acompañe». Mais están abertos a calquera persoa adulta interesada en participar, tanto se son familiares da rapazada implicada no programa, como doutros niveis do centro, ou doutros centros do concello, como explican desde San Sadurniño.