Chanfaina Lab, cine e lección de xeoloxía en San Sadurniño

LA VOZ SAN SADURNIÑO / LA VOZ

SAN SADURNIÑO

Os participantes nesta edición coñeceron o patrimonio xeolóxico do Forgoselo, o venres pola tarde, da man de Francisco Canosa
Os participantes nesta edición coñeceron o patrimonio xeolóxico do Forgoselo, o venres pola tarde, da man de Francisco Canosa LEANDRO PAZ

Este domingo, o protagonista é José Gil, pioneiro do cine galego, cunha exposición e un concerto

03 sep 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O Chanfaina Lab arrincou o venres pola tarde en San Sadurniño cunha ruta xeolóxica guiada polo doutor Francisco Canosa pola zona de Racamonde, onde os participantes nesta festa do audiovisual galego coñeceron as formacións graníticas.

Onte comezou o traballo de campo para os máis de trinta realizadores, profesionais e afeccionados, que se xuntan nesta edición, con apoio de veciños, persoal da aula CeMIT e da área municipal de Cultura.

Hoxe seguirán gravando e, a maiores, é o día de homenaxe a José Gil, pioneiro do cine galego, cunha exposición, de 10.00 a 12.00 horas, no adro do convento do Rosario; e un concerto da Xove Banda de Narón, ás 13.00, no mesmo sitio (agás se chove, que se trasladará á Casa da Cultura.