Miguel Peralta ponlle as cores do xeoparque a San Sadurniño

LA VOZ SAN SADURNIÑO

SAN SADURNIÑO

CÉSAR GALDO

O artista gráfico pinta un muro de contención do Outeiro con referencias á natureza e o patrimonio

20 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O artista gráfico Miguel Peralta é o autor do mural creado en San Sadurniño dentro dunha iniciativa enmarcada no proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal, que xa se levou adiante en Cedeira e chegará aos outros cinco municipios: Cariño, Cerdido, Moeche, Ortigueira e Valdoviño.

No caso de San Sadurniño, a obra ocupa uns 40 metros dun muro de contención situado no Outeiro, á saída do núcleo urbano. O autor reflicte «distintos elementos relacionados coa natureza e o patrimonio, partindo dos cauces fluviais do Xubia e do Castro», como indican desde o Concello.

Desde o goberno local de San Sadurniño vinculan esta obra coa inminente declaración do Xeoparque do Cabo Ortegal, como parte da rede mundial de xeoparques da Unesco. A ratificación definitiva chegará o 24 de maio.