Exposición fotográfica de Melania Freire, en San Sadurniño

LA VOZ SAN SADURNIÑO

SAN SADURNIÑO

CÉSAR GALDO

A mostra estará aberta ata o 14 de xuño

19 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A creadora luguesa Melania Freire expón «Inventario», unha colección de fotografías nas que reivindica a tradición a través de obxectos familiares e cotiás, ata o 14 de xuño na galería do consistorio de San Sadurniño. Na xornada da clausura haberá unha visita guiada á mostra. Para asistir hai que chamar ao 981 490 027 ou mandar un correo a veronica.rodriguez@sansadurnino.gal. A autora convida a levar un obxecto da casa co que se teña unha vinculación especial.