Exposición sobre os cen anos da bandeira de Galicia, no concello de San Sadurniño

LA VOZ SAN SADURNIÑO

SAN SADURNIÑO

CEDIDA

A mostra pódese ver ata o día 11 de maio, de 8.30 a 14.30 horas

26 abr 2022 . Actualizado a las 21:12 h.

Na galería do consistorio de San Sadurniño pódese ver a mostra de cadros promovida polo Concello da Coruña, a Deputación e o colectivo A Coruña Gráfica sobre a bandeira de Galicia, que ondeou por primeira vez o 25 de xullo de 1921, no pazo municipal coruñés. A mostra sobre este símbolo identitario está aberta ata o día 11, de 8.30 a 14.30 horas.