Javier Rodríguez Couce: «Un cura ten que preocuparse polos problemas dos gandeiros e pola costeira do bonito»

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS VILALBA / LA VOZ

SAN SADURNIÑO

Rodríguez Couce admite que os horarios dos gandeiros non son sempre compatibles co interese por ir á misa
Rodríguez Couce admite que os horarios dos gandeiros non son sempre compatibles co interese por ir á misa óscar cela

Salienta que os cregos non teñen hoxe a influencia social de antano e que deben cumprir un labor de escoitar e acompañar

26 jul 2021 . Actualizado a las 04:46 h.

Javier Rodríguez Couce (San Sadurniño, 1971) chegou á Terra Chá para botar unha man por un tempo. Agora dedícalle á comarca todo o seu tempo e o seu labor. É responsable da unidade pastoral de Castro de Ribeiras de Lea, na que traballan outros dous cregos: tres sacerdotes para 35 parroquias reflicten unha realidade distinta a de hai décadas.

-Para moita xente, a parroquia é o lugar máis íntimo, co que ten un vencello máis forte. Nota iso?

-Si. Xa tiven un percorrido nas parroquias que levaba. O bispo sempre dicía que había que ir preparando á xente e dicirlle ‘mirade os curas dos arredores, son maiores, hai que compartir párroco'. A parroquia é de cada un, a identidade está aí, pero vivir a fe ten que ser unha experiencia aberta e universal. Pode custar un pouco ir á misa á parroquia do lado, pero non queda outro remedio. Ás veces, os curas son menos pesimistas ca os veciños; e segue a ir xente á misa, a resposta é boa.