A Feira Rural de San Sadurniño reunirá 87 postos de artesanía, alimentación e segunda man

Na Cortiña tamén haberá probas caninas, exhibicións hípicas e viveiros, ademais de varios colectivos con alternativas á produción convencional


SAN SADURNIÑO

A décima Feira Rural de San Sadurniño reunirá mañá no campón da Cortiña 87 postos, a metade de produtos agroalimentarios -horta, froita, pan, doces, mel, queixos ou alimentos transformados- e artigos de segunda man, e o resto, de artesanía e entidades sen ánimo de lucro. Os expositores relacionados co sector primario situaranse na carpa central e fóra dela instalaranse os cinco viveiros e o resto de vendedores.

Na feira terán representación o Aldebarán-Intasa, coa campaña de captación de socios; a cooperativa Nosa Enerxía, da que forma parte o Concello, organizador do mercado; a ONG Causas Comúns; as campañas de reciclaxe de Sogama; a Feira do Sol; e o colectivo da raza Can de Palleiro. Ademais de entidades que presentan alternativas á produción convencional: AGFA do Eume, o Club Sierense de Amigos de la Manzana (Asturias), El Prao de Luyas (Valladolid), Máisdetres (Galicia) e La huerta del lugar (Aragón).

Haberá concurso de froita, probas caninas, exhibicións hípicas, paseos en canoa polo Xuvia e obradoiros para os rapaces sobre a construción de caixas niño para paxaros e a elaboración de queixos artesás. A Feira celebrarase todo o día.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Feira Rural de San Sadurniño reunirá 87 postos de artesanía, alimentación e segunda man