A Deputación premia a San Sadurniño, Arteficial e o proxecto Unitaria

La Voz OURENSE / LA VOZ

SAN SADURNIÑO

Alberte Paz

Os galardóns Rodolfo Prada recoñecen a xestión cultural

19 abr 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A Deputación creou, no marco da ICC Week, o premio Rodolfo Prada á xestión cultural. Unha convocatoria que ten como obxectivo recoñecer os proxectos máis salientables neste sector que se están a desenvolver en Galicia. O xurado xuntouse para avaliar as candidaturas presentadas e elixir os proxectos galardoados nas tres modalidades do certame. O galardón para os profesionais da xestión cultural foi para o proxecto Fálame de san Sadurniño, presentado por Carmen Suárez Nieto. No apartado referido ás persoas voluntarias ou colectivos afeccionados foi para o Festival Arteficial, presentado pola Asociación Cultural Ecolóxico Educativa Arteficial. Dáse a circunstancia de que á organización do certame estivo ligado un dos organizadores do ICC Week e membro do xurado. E o de proxectos vinculados á Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural foi para a iniciativa Unitaria, presentado pola Asociación Amigos, si, pero a vaquiña polo que vale. O xurado estivo composto por Rosendo Fernández, Alberto García Sánchez, Cristina Rodríguez Labandeira, Carlos Lorenzo Pérez, Luís González Tosar, Antonio Piñeiro, Juan Rivas, Manuel Araújo e Francisco González.