Charla sobre o río Eume e ameazas que afronta, este venres na Casa da Cultura de Pontedeume
PONTEDEUME
PONTEDEUME
O Ateneo Fernán Martís organiza a charla de Fins Eirexas
25 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.«O Eume ameazado: Ence nas Pontes» é o título da charla que impartirá Fins Eirexas, xeológo, ecoloxista e secretario técnico de Adega, o venres, día 26, ás 19.30 horas.
O faladoiro terá lugar na Casa da Cultura de Pontedeume. Abordará polo miúdo o proxecto de instalación dunha factoría de papel tisú na localidade de As Pontes.
O acto está organizado polo Ateneo Fernán Martís, que quere dar a coñecer os riscos que entende que corre o río Eume con este proxecto.