A historia dun preso eumés no gulag de Stalin abre a revista «Cátedra», editada en Pontedeume

LA VOZ PONTEDEUME

PONTEDEUME

CEDIDA

O Concello vén de lanzar o número 31 desta publicación de estudos

03 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

«Un preso eumés no gulag de Stalin» é o título do artigo de Sindo Vilariño que abre o número 31 de «Cátedra. Revista eumesa de estudos», a publicación impulsada polo Concello de Pontedeume, que se presentou hai uns días na biblioteca municipal.

Vilariño firma outro texto, «Unha ollada ao semanario El Eume». Xosé Francisco Correa Arias, Juan Carlos Vázquez Arias, Carlos de Castro Álvarez, Manuel Domínguez Ferro e Francisco de Paula Mellado son outros dos colaboradores deste último número.

De Castro Álvarez e Eduardo Veiga Piñeiros abordan de forma conxunta a figura de Antonio Veiga Ríos, Toñito do Xarro.