Moncho Viña presenta o libro «Moito que contar», da man do Ateneo Fernán Martís, en Pontedeume
PONTEDEUME
PONTEDEUME
O acto terá lugar este venres, día 15, ás 19.30 horas, na Casa da Cultura
15 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O Ateneo Fernán Martís organiza a presentación do libro «Moito que contar. Dépor e radio: dúas paixóns e un cento de historias», publicado por Baía Edicións.
Será este venres, día 15, ás 19.30 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume. Aparte do autor, intervirán Alfonso Hermida, Henrique Rabuñal e Adrián Viña Menéndez.
Colaboran coa entidade promotora do acto o Concello de Pontedeume e a Deputación Provincial da Coruña. Está aberto a todo o público.