A luguesa Rosalía Bernárdez gañou o certame eumés de relato e Eloi Miranda e Sofía Pérez foron os vencedores no ortigueirés de microrrelatos
18 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.
Rosalía Bernárdez, de Lugo, foi a gañadora do trixésimo segundo concurso de contos Vila de Pontedeume, dotado con 600 euros, polo texto Leves vagas de resignación. O primeiro accésit recibiuno Marta Rodríguez, de A Coruña, por O Cocobelis, e o segundo, Mencía Jorge, de Vigo, por Nubeiros na alma. O escritor Antonio M. Fraga presidiu o xurado, composto por Esther Leira, normalizadora lingüística, Brais Rey, profesor e actor teatral, e Cristina Fraga, directora e actriz de teatro. Alejandro Caínzos, bibliotecario, exerceu de secretario.
Eloi Miranda Castañeda foi o gañador do segundo concurso de microrrelatos Arrós, convocado polo Concello de Ortigueira, na categoría de sete a doce anos, co poema O galego e eu. E Sofía Pérez Camba levou o galardón na modalidade de 13 a 18 anos, coa obra Defensores da nosa lingua. Participaron máis de 70 rapaces.