O Festival Treme a Terra lembra a loita obreira dos estaleiros desde Pontedeume

Na cita do día 8 actuarán os grupos Bule, Tanxugueiras, Bastards on Parade y The Baboon Show


PONTEDEUME

A terra está a piques de tremer en Pontedeume. O Festival Treme a Terra encherá a vila de música e historia o día 8 de decembro, desde o aparcadoiro do IES Fragas do Eume. É a edición número 19, coa que o Colectivo Terra quere lembrar a loita obreira dos estaleiros da ría de Ferrol. Para iso editaron unha publicación onde relatan «os acontecementos máis salientables desta etapa da nosa historia, cos centos de paros, folgas e conflitos que precederon ao estourido revolucionario de 1972, sen esquecernos do papel xogado polas mulleres». Nin, por suposto, «de Amador e Daniel, na memoria».

Do apartado musical encargaranse Bule, «un grupo eumés que mestura o pop e o rock con melodías divertidas e pegadizas»; Tanxugueiras, «unha auténtica homenaxe á música tradicional galega»; Bastards on Parade, «que fusionan as nosas raíces celtas co punk rock»; e The Baboon Show, «unhas criaturas salvaxes chegadas dende Suecia cun punk rock escandaloso». E para os nenos, programan o espectáculo As Parábolas de Pakolas, o día 8; e Radio Bule Bule, de Paco Nogueiras, o 16.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O Festival Treme a Terra lembra a loita obreira dos estaleiros desde Pontedeume