«Na fotografía emprego todo o que por norma non é correcto»

La Voz FERROL

PONTEDEUME

Cedida

Unha colección da súa obra amósase na Casa da Cultura de Pontedeume ata o día 31 de agosto

16 ago 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Para a fenesa Malena Carballo a pintura e a fotografía son vías necesarias para expresar sentimentos e emocións. En As dúas caras de ela, exposición que inaugura hoxe na Casa da Cultura de Pontedeume, reflicte a súa obra dente o ano 2011.

-Que quere dicir con «As dúas caras dela»?

-Eu fago foto e pintura. Comecei no mundo dos lienzos e a fotografía era un complemento. Pero a día de hoxe moita xente só me coñece polas miñas fotos, e esta exposición pretende amosar tamén a miña obra pictórica.

-Cada peza é autónoma ou hai un fío condutor?

-Todo está organizado por series e por anos. A mostra ten un ritmo que segue cada obra. Eu e as miñas creacións temos unha evolución. Hai cadros puramente abstractos, unha serie de nenúfares... E tamén se recollen algunhas obras de exposicións colectivas nas que participei.

-Como comezou no mundo da fotografía?

-Nos talleres de Gabriel Tizón, que para min é unha persoa moi especial. Coma el, busco un tipo de foto diferente, a nivel compositivo e técnico. Emprego todo o que por norma non é correcto, desenfocando e sobreexpoñendo cando me interesa.

-Se so puidera pintar ou facer fotografías, cal escollería?

-Penso que hoxe por hoxe, a fotografía, en gran medida porque é máis inmediata. Tamén creo que agora a pintura está en declive, no sentido de que a xente non aposta por ela coma antes. Apenas hai concursos e exposicións nesta disciplina, mentres que no mundo da fotografía hai multitude de certames e becas. Ademais, ten moita presencia nas redes sociais, ofrecendo máis oportunidades.