«Tratamos de espallar o xeito de pensar dos galegos»

O intérprete visita hoxe Cee xunto a Luis Iglesia B. para estrear «Filosolfando», a súa nova comedia teatral


Xabier Deive tenlle collido o gusto a combinar humor e música sobre os escenarios. Tras a gran acollida que tivo Sede de Mal volve facer parella artística con Luís Iglesia B. en Filosolfando, unha obra escrita e dirixida por Avelino González que tras ser preesetreada a semana pasada en Pontedeume fará a súa presentación oficial esta noite en Cee (Casa da Cultura, 21.30 horas, 5 euros).

-¿Que é iso de filosolfar?

-O que tratamos é de espallar polo mundo o xeito de pensar galego porque vale para arranxar todo tipo de problemas, pero como é un espectáculo con música, non filosofamos, senón que filosolfamos.

-¿Casan ben a música e a filosofía?

-A música é un fío vehicular que xa é marca da casa. Ao igual que en Sede de Mal o espectáculo ten catro ou cinco cancións, pero non é unha continuación; é o mesmo formato e cos mesmos actores, pero nada máis; son cousas diferentes. Sede de Mal deunos unha xira moi bonita con moitas alegrías pero é un formato que non é habitual.

-¿Como afrontan estes primeiros pasos coa obra?

-Ao principio da xira sempre hai nervios e cousas que hai que afinar para despois así que temos que poñer toda a carne no asador e estar cos cinco sentidos.

-O espectáculo anúnciase como unha resposta á sentencia penso, logo existo.

-Iso vén sendo máis ou menos. No espectáculo xogamos un pouquiño con sentencias da filosofía de toda a vida relacionándoas co imaxinario do pensamento galego.

-¿Como resumiría ese pensamento galego?

-É difícil porque hai varias correntes: hai unha que é de ?hai que mollarse?, e tamén hai a de que ?por min, que chova?, pero nos propoñemos outra que sería ?se se revolve o mar, colle o flotador e ponte a nadar?.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags

«Tratamos de espallar o xeito de pensar dos galegos»