O BM Deza confirma o descenso ao perder co Galicia Social

La Voz

PONTEDEUME

12 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O Balonmán Deza sucumbiu 16-25 ante o Galicia Social, confirmando dese xeito o seu descenso de categoría. O equipo dezano pechará a tempada como pechacancelas de Primeira Autonómica xa que a falta da última xornada de Liga, acumula 8 puntos, tres menos que os dous equipos que o preceden, e que tamén se atopan en zona de descenso.

O que tamén sucumbiu na fin de semana foi o Clínica Deza Xabañús, que caeu 36-28 ante o Rocamar Pontedeume, que marcha segundo clasificado. O cadro que dirixe Paco Vilariño ten asegurado con 18 puntos proclamarse primeiro no grupo pola permanencia, xa que o segundo conta 15 puntos.