Olimpíadas Rurais de Couzadoiro, o 12 de setembro

A. C. ORTIGUEIRA / LA VOZ

ORTIGUEIRA

<span lang= gl >Unha das probas, nunha edición anterior</span>
Unha das probas, nunha edición anterior

O día 9 remata o prazo para reservar praza no xantar

27 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A parroquia de Couzadoiro (Ortigueira) volverá ser olímpica. O 12 de setembro regresarán as Olimpíadas Rurais, e xa van 12 edicións, xunto coa romaxe do Loreto, todo organizado polo colectivo veciñal. Logo da misa (12 horas) e a ofrenda floral na igrexa de San Cristovo, chegarán a música entre as maciñeiras (13), cos Cantaberneiros, e o xantar (14, con paella e churrasco, por 25 euros para socios e 30 para o resto, por encargo nos teléfonos 659 896 886, 649 178 619 ou 620 316 723 ata o día 9).

E ás 16.30 arrincarán as olimpíadas rurais e as infantís, coas seguintes disciplinas: recollida de carozas, carreira de carretilla por parellas, lanzamento de paxe, subido ao eucalipto, refegamento de maínzo, corte con tronzador, tiro da corda por equipos e carreira de sacos familiar.

Ás oito da tarde entregaranse os premios e ás 21.30 comezará a cea, con callos e empanada vexetal, ao tempo que empezará sonar a música «baixo as estrelas», con Sanjurjo & Dopico, Faíscas da Pontraga e Quique Otero. A asociación organizadora deste concorrido evento conta coa colaboración do Concello de Ortigueira e da Xunta.