Homenaje a Paco do Correo en Ortigueira: «Son socialista porque quero unha sociedade mellor para o meu pobo»
ORTIGUEIRA
Francisco Rodríguez Patiño, concejal en Ortigueira de 1983 a 1999 y diputado provincial de 1987 a 1991, agradeció el reconocimiento y el cariño de los suyos
07 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A Francisco Rodríguez Patiño, concejal del PSOE en Ortigueira entre 1983 y 1999, y diputado provincial de 1987 a 1991, le conocen como Paco do Correo. Nació el 12 de febrero de 1934 en el lugar de Pol, en Senra, y con casi 92 años conserva intactas la lucidez y la memoria. Hace unos días, un grupo de amigos, compañeros de batallas políticas, le rindieron un homenaje en Casa Rodrigo, en San Claudio. Fue un reconocimiento al trabajo hecho, a la bonhomía «e tamén ao mal xenio», comenta entre risas uno de los organizadores. «Para min foi unha sorpresa, non sabía nada, porque se empeñaron en que non soubera nada. Non me facía falta a homenaxe, na política estiven porque o sentía e porque me gustaba...», dice, agradecido.
¿De dónde le viene lo de Paco do Correo? No escatima detalles en la respuesta: «Desde 1915 ata 1921, meu avó foi ferreiro. Tiña a casa no cruce de San Claudio para a feira, e a fragua ao lado, e no 1922 montou un taller mecánico cos fillos, que tivemos toda a vida (eu fun mecánico), e cando partiu o capital, o taller quedoulle a un tío meu e eu montei outro taller ao lado. Tiña un amigo na Coruña que tiña unha fábrica de prendas de plástico e tamén era o delegado da marca Superser para Galicia, e non encontraba quen lle vendera os electrodomésticos en Ortigueira. Entón díxome: ‘Vouche mandar unhas cantas pezas e véndelas no taller'. E así empecei cos electrodomésticos, e acabei tendo unha tenda en Ortigueira».
Pero su abuelo, que falleció en mayo de 1934, cuando Rodríguez Patiño tenía dos meses, además de herrero, había sido cartero. «Foino durante seis anos. Entón, o coche de liña traía o correo e paraba xusto diante ca casa de meu avó, a xente ía buscar alí as cartas e dicía que ía ao correo. Por iso el era Pancho do Correo, igual ca meu pai e todos os fillos, e os netos, sobre todo eu, porque eu nacín en Senra, pero aos 14 meses naceu miña irmá, e miñas tías leváronme para a casa de meus avós en San Claudio, que era a Casa do Correo», explica.
A Casa do Francés
La historia de su familia merece varios capítulos. «Meu avó era fillo de Manuel Rodríguez Barro, do lugar do Francés, en San Claudio —repasa—. Meu bisavó, ademais de agricultor era construtor, e tiña un almacén de viños na estrada xeral, ao pé do chalé, o que hoxe se chama A Casa do Francés. Construíu a torre de San Claudio, e no atrio da igrexa hai un panteón que fixo no 1915 para el e para todos os seus descendentes directos, con oito furnas e unha especie de capela, cunha porta de ferro, moi bonito... Alí me enterrarán a min».
La política siempre ha marcado su vida. Su padre era comunista y en una ocasión, cuando ya estaba jubilado, fue a buscarlo para ir a votar. «E polo camiño funo convencendo de que non perdera o voto co Partido Comunista, para que votara polo PSOE. A mesa electoral estaba na escola de San Claudio, no piso de arriba, e había o teatro. Onte actuaban era onde estaban postas as papeletas e na outra esquina, a mesa para votar. El andaba sempre co bastón, e cando votaba, nunha man levaba o sobre e noutra a papeleta, para que o vira todo o mundo. Colleu a papeleta do PSOE e a medio camiño dixo: ‘Non, coño!'. Deu a volta, colleu a papeleta do PCE e votou».
Rodríguez Patiño recuerda que, cuando él entró en el PSOE de Ortigueira, «eran sete militantes»; y si de algo se siente orgulloso es de haber creado las agrupaciones de Mañón, Cedeira, Cerdido —«foi a máis difícil de todas»—, As Somozas —«en Recemel, no que fora o garaxe do coche de liña que viña de Balocos, alí enriba do picadeiro de leña redactamos a constitución»— y Moeche, además de recuperar la de San Sadurniño, donde ya había existido. «Ese foi o meu traballo —repite— fun un socialista para traballar na base e coa xente do mundo rural, e logramos que todos os concellos de Ortegal (agás Mañón) fosen socialistas, custounos moito caro, pero lográmolo, e eu axudei a facelo».
«Estou no debate e na tertulia»
Con 91 años, repite que dejó hace tiempo la política orgánica. «Pero non o debate, na tertulia estou igual ca os demais», ríe. Se muestra muy crítico con la actual agrupación local del PSOE de Ortigueira y con el grupo municipal, y no le ha sorprendido el pacto anunciado con el PP para sacar adelante los presupuestos de 2026: «Esta xente que está agora son de dereitas, eu ben o sei».
«Eu sigo sendo militante do PSOE, porque o partido é o partido —enfatiza—. Eu sigo sendo de Pedro [Sánchez]... o que están facendo a Xustiza española e o PP cos socialistas é unha vergoña, só queren un orde e uns intereses que morreron no 75 en España. O día que entrou na Unión Europea acabouse o golpe de Estado. Se non, volvían implantar a ditadura, pero así non poden [...]. En España herdouse a ditadura de Franco e a xente afeita a aqueles hábitos volveu recuperar o poder. Non se ocupan de nada da sociedade, senón de chegar ao poder e gobernar eles, non sabemos con que programa [el PP]».
¿Qué significa hoy ser socialista? «O pobo ten que mellorar, evolucionar, seguir avanzando (e teño moitos amigos de dereitas). Quero unha sociedade mellor para o meu pobo. A xente que ten moitos cartos só mira polos seus intereses, pero a min preocúpame como vive o cidadán de a pé, que non se privatice a sanidade para que uns saquen rendemento, que o fillo dun obreiro teña as mesmas posibilidades de estudar que o dun con moitos cartos...».