Ortigueira: las elecciones más reñidas y un desafío, parar la sangría demográfica

ANA F. CUBA ORTIGUEIRA / LA VOZ

ORTIGUEIRA

CEDIDA

Desde el año 2000, el municipio ha perdido 3.113 habitantes, el 36,4 %

28 jun 2023 . Actualizado a las 19:00 h.

En Ortigueira, el 28M se enfrentan el PSOE, al frente del ejecutivo desde 2015 (los primeros cuatro años con mayoría absoluta y este último mandato en minoría, y en ambos períodos con ceses o renuncias de ediles); el PP, que gobernó siempre, hasta 2015; Primeiro Ortigueira (P. Orti), liderado por una exconcejala del PP; Xunto a Ti (XA), encabezado por una exedila del PSOE; y el BNG, que concurre a las elecciones con una lista renovada y con el propósito de regresar a la corporación.

La cita con las urnas de 2023 será la más reñida y el partido o la alianza que logre formar gobierno deberá afrontar un desafío compartido con toda la comarca, pero agravado en este municipio: la despoblación. Desde el año 2000, Ortigueira ha perdido 3.113 habitantes, el 36,4 %. Más de una de cada tres personas que residían en este concello hace poco más de dos décadas ya no aparecen en el padrón, bien porque han fallecido, bien porque han decidido o se han visto obligadas a marcharse.

Toni Rego

Juan Vicente Penabad Muras, PSOE: «Temos as contas saneadas e liquidez»

Juan Vicente Penabad Muras, enxeñeiro forestal de 54 anos, lidera por cuarta vez a candidatura do PSOE. Logo de catro anos na oposición, en 2015 accedeu á alcaldía con maioría absoluta, que perdeu en 2019. Deste mandato, cun goberno en minoría, lamenta «a actitude da oposición, sempre metendo paus nas rodas». Pide «unha maioría, para non ter trabas continuas» e teme «o bloqueo» ao que pode levar a presenza de cinco partidos na corporación municipal de Ortigueira.

—Que balance fai do mandato?

—Malia a pandemia (estou satisfeito de como se xestionou desde o Concello, afectou moito e morreron veciños...), fomos sacando adiante cousas importantes sen subir impostos, saímos do plan de axuste en xullo de 2022, logo de dez anos, e agora temos as contas saneadas, con liquidez e remanente de tesourería (entre dous e tres millóns de euros desde 2019). En Servizos Sociais estou satisfeito, temos moitas necesidades nun servizo que é de competencia da Xunta, e aínda así atendemos a moitísima xente, e estámoslles poñendo medios para que estean mellor os usuarios, as familias e as traballadoras [...]. Atendemos no que podemos á residencia de maiores e aos usuarios de Aspromor. E a nivel de investimentos, ao saír do plan de axuste fixemos obras na biblioteca, o mercado, o colexio, as prazas de Espasante, o aglomerado de moitas pistas por todas as parroquias... máis de 6,5 millóns de euros en obras. E quedan moitos proxectos feitos e algún xa aprobado, e outros pendentes.

—E a partir de agora, que?

—Dar un paso adiante co Plan Xeral, aproveitar o xeoparque, recuperar poboación (hai 600 inmigrantes vivindo aquí e podemos acoller máis), a xestión dos montes (3.000 hectáreas, en breve desconsorciadas) ou emprego (hai que pensar noutro polígono, de parcelas grandes, se queremos desenrolo empresarial).

—Leva caras novas na lista.

—Combina experiencia con persoas novas, varias de fóra, moi capaces e con moito que aportar, con perfís que responden ás necesidades e aos retos que ten Ortigueira.

José Valentín Calvín Fondevila, PP: «A xestión foi caótica»

Esta é a segunda vez que José Valentín Calvín Fondevila, psicólogo clínico de 50 anos, opta á alcaldía, logo dun mandato como voceiro do PP, do que non salva nada da xestión de Muras: «Tres concelleiras e sete membros do partido dimitidos, e parálise total; peche dos museos, o centro de interpretación, o aparcamento público no Avenida, o albergue de Mera e todos os centros sociais; área de autocaravanas de Loiba sen uso; pistas destrozadas en todas as parroquias, beirarrúas rebentadas...».

Fala de «xestión caótica e desleixo absoluto, ata o punto de perder subvencións por non xustificalas a tempo ou non solicitalas», e asegura que este goberno «deixa unha débeda de 2,5 millóns de euros» e que ningunha asociación «cobra o seu convenio». Todo, di, «grazas a Ana Franco, que lle serviu de muleta, o último para aprobar case 600.000 euros para o Festival do Mundo Celta».

Se goberna promete eliminar a lista de espera do SAF, solicitar unha ambulancia medicalizada, «despolitizar» o festival e implicar nel á Escola de Gaitas, tres pistas de pádel cubertas e pavillón, o ciclo formativo en dependencia, un centro de maiores en Loiba, rehabilitar o centro de saúde de Mera e axudas aos novos para emprender. Pide «o apoio maioritario para poder gobernar» e garante que non cederá a chantaxes para ser alcalde.

Ana Belén Franco Martínez, P. Orti: «El balance es pésimo»

Ana Belén Franco Martínez, gerente de la empresa Cheiván Excavaciones, S.L., de 50 años, debuta al frente de la lista de P. Orti, formación de la es concejala desde 2020 (de 1999 a 2007 lo fue del PP). Su balance del mandato es «pésimo, el único logro es aglomerar en estos últimos meses algunas pistas que tenían que estar listas hace años». «Los servicios sociales están muy mal gestionados políticamente, no se ha hecho nada en ordenación urbanística ni en saneamiento, no se ha limpiado y señalizado el Camiño do Mar y las parroquias están abandonadas», resume.

Sobre el resto de la oposición sostiene que «no han sabido estar a la altura del cargo, anteponiendo intereses partidistas a los de los vecinos», a diferencia, entiende, de P. Orti, que ha apoyado el xeoparque, las subvenciones o Aspromor o los fondos para el festival, «por responsabilidad».

Promete mejorar los servicios sociales, aprobar el Plan Xeral, reducir impuestos, saneamiento en parroquias, comenzar la concentración parcelaria, conseguir la oficialización del Camiño do Mar, crear un espacio cultural vinculado al semanario La Voz de Ortigueira o la continuación de la VAP Costa Norte. Sobre pactos: «Nuestro partido se presenta para gobernar. Si vamos a pactar será un gobierno de P. Orti».

MONICA MENDEZ ANEIROS

Isabel Rego Martínez, Xunto a Ti: «Somos a alternativa á dereita de Muras, PP e P. Orti»

Isabel Rego Martínez, técnica de Administración e Finanzas de 46 anos, concelleira de CCD (antes foi do PSOE), lidera Xunto a Ti. Resume o mandato «en dous meses de asfaltado masivo de pistas sen criterio e publicitar o Mundo Celta en Fitur sen ter partida». Fala de xestión «ineficaz» con só dous orzamentos en oito anos —«un deles elaborado por min, cando ela era concelleira de Facenda [primeiro mandato socialista], recalca»—. Do resto, repite, «nada de nada, nin atención aos maiores, nin servizos básicos, nin recuperación e mantemento do aptrimonio, nin turismo, nin apoio ao crecemento do emprego ou da natalidade».

Sobre a oposición, di que só houbo dous partidos, PP e Centristas, ao que ela representa na corporación; e tacha a P. Orti de «comparsa do goberno, avalando co seu voto actuacións do goberno alonxadas das necesidades dos veciños e do interese xeral».

O seu programa céntrase en fixar poboación, mellorar servizos básicos e axuda a domicilio, optimizar recursos, facilitar medios para o teletraballo, impulsar a desestacionalización do turismo e orzamentos participativos. Rego presenta a XA como «un partido que nace con vocación de goberno, a petición dos veciños, como a alternativa á dereita de Muras, PP e P. Orti».

Marco Schaal Orizales, BNG: «A parálise é total, non se traballa para os veciños»

Marco Schaal Orizales, mestre de 39 anos, de pai alemán e nai de Espasante, encabeza a lista do BNG co ánimo de mudar «a situación de parálise total do Concello, con insultos, broncas e crispación, traballando máis en beneficio propio que para os veciños». «Imos cara atrás, queremos cambiar o rumbo, Ortigueira merece máis», remarca o candidato nacionalista, vinculado á política local desde os 16 anos.

En relación coa perda de poboación, Schaal lamenta «a falta de apoio aos emprendedores, non hai incentivos fiscais para poder quedar aquí, mentres que outros concellos poñen todas as facilidades». E da marcha da Transcantábrica por Mondoñedo cara a Vilalba subliña que «no 2000, o PP tiña maioría absoluta en Ortigueira e na Xunta, e aquí calaron a boca e miraron para outro lado, só protestou o BNG, pero non tiña forza suficiente».

Avoga pola participación cidadá nas decisións municipais, incluíndo a elaboración dos orzamentos; potenciar o turismo de natureza; unha mellor organización do SAF, «con máis persoal», e un servizo municipal de atención á soidade (dos maiores); ou a creación dun consello interparroquial que favoreza a relación entre as asociacións.