O Concello de Ortigueira organiza catro andainas para novembro

La Voz FERROL / LA VOZ

ORTIGUEIRA

CEDIDA

Os itinerarios son pouco complexos, agás a última saída polos Montes de Couzadoiro

06 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Ortigueira organiza catro saídas para o mes de novembro dentro do seu programa de andainas. Serán todas de 10.00 a 14.00 horas e recoméndase aos asistentes que leven calzado cómodo, auga e comida.

A primeira saída foi o sábado, 5 de novembro, de Espasante a Pena Furada, e tivo moi boa acollida. A próxima está prevista para o día 12 de novembro, de San Carracedo a Mera. Conta cunha distancia de 11 quilómetros e 270 metros de desnivel. Haberá dúas opcións de saída: ás 10.00 horas da estación FEVE de Ortigueira e ás 10.30 horas do centro social de San Adrián.

A terceira andaina será o 19 de novembr polo Río Sor. O itinerario ten unha distancia de 14 quilómetros e cun desnivel de 600 metros. Haberá unha saída ás 10.00 horas desde a estación FEVE de Ortigueira e outra ás 10.30 horas desde O Galeón de Loiba.

A cuarta e última ruta será a dos Montes de Couzadoiro, o día 26, de 12 quilómetros e cun desnivel de 220 metros. As saídas serán ás 10.00 da estación FEVE e ás 10.30 horas do aparcadoiro da Igrexa de Couzadoiro.