A presentación do catálogo do museo de Meixido, en Ortigueira, unha nova homenaxe a Narciso Luaces

LA VOZ ORTIGUEIRA

ORTIGUEIRA

CEDIDA

Esta primera guía do centro foi publicada polo Concello

18 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A presentación do primeiro catálogo do Museo Etnográfico de Meixido, redactado polo propio Narciso Luaces (Freires-Ortigueira, 1929-Viveiro, 2020) foi tamén unha homenaxe ao fundador do centro, que conta cunhas catro mil pezas duns trinta oficios. O acto tivo lugar o sábado en Meixido, coa participación de Luis Luaces, fillo de Narciso, Xosé María López Ferro, director do Museo Etnográfico Monte Caxado, a escritora Obdulia Dopico e o alcalde, Juan Penabad Muras.

O Concello de Ortigueira editou este traballo, escrito por Narciso e ilustrado con fotografías de Emma Sandá. O colectivo Terras do Ortegal propón musealizar o patrimonio etnográfico atesourado durante décadas por.el e a súa muller, Herminia Cobelo, tamén falecida.