O colectivo veciñal, que organiza o encontro do día 24, pretende conservar as variedades tradicionais
17 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.O Encontro de Sementes de Couzadoiro, que botou a andar hai tres anos da man da asociación de veciños desta parroquia ortegana, quere dar un paso adiante, coa creación dun banco vivo de sementes do Ortegal, a través do proxecto Apadriña unha semente. «O obxectivo dos encontros é poder acceder a sementes sen ter que depender das multinacionais do sector, compartíndoas [...]. Pero para conservar as variedades tradicionais queremos crear unha reserva de sementes, para que calquera teña acceso a elas, cunha garantía de procedencia e calidade», explica Enrique Fojón, agricultor e coordinador da iniciativa. «Quen queira participar ten que apadriñar unha variedade [plantas medicinais, aromáticas ou culinarias, hortalizas ou froiteiras, por enxerto], comprometéndose a aportar unha cantidade de sementes, con supervisión técnica para garantir que son puras, non un híbrido», indica. A nova cita será o día 24 no teleclube, desde as 15.30 horas, con obradoiros, cea, documental e coloquio. En asveveco@gmail.com e no 630 742 554 informan.